A Coruña ri a gargalladas na quinta edición do Encontro Mundial de Humorismo
Na anterior edición unhas 20.000 persoas asistiron aos espectáculos que se celebraron na cidade
A comedia é protagonista estes días na Coruña. Ata o catro de maio, estará en marcha a quinta edición do Encontro Mundial de Humorismo. Hai profesionais do humor nacionais e tamén internacionais. Entre eles, Faemino y Cansado, Henar Alvarez, Luis Piedrahita, Carlos Blanco, Galder Varas, La Ruina ou Franco Escamilla.
Son moitos, e moitos tamén, os espectadores. Xa está case todo vendido. Vinte mil persoas asistiron á edición do Encontro Mundial de Humorismo do ano pasado.
Amais dos propios espectáculos o humor tamén está na rúa, onde se pode ver a exposición Guonderful Forges. Os anos da esperanza nun percorrido pola Transición española da man das viñetas de Antonio Fraguas, Forges.