Ourense activará en maio os novos radares urbanos
Trátase de sete aparellos fixos e un móbil, distribuídos por distintas rúas da contorna urbana
Os límtes de velocidade oscilan entre os 30 e os 80 quilómetros hora
O Concello de Ourense activará o vindeiro mes de maio os novos radares instalados en determinados puntos da cidade. Un control da velocidade na contorna urbana que para uns é necesario, pero que outros ven como medida recadatoria.
Levan xa varios meses instalados, e mesmo chegaron a funcionar en fase de probas durante uns días. Os sinais que advirten da súa posición xa están colocados. Agora, as autoridades locais decidiron poñelos en marcha. A data prevista é a primeira quincena de maio.
Trátase de sete radares fixos e un móbil, distribuídos por distintas zonas da contorna urbana, e con límites de velocidade variable, dende os 30 ata os 80 quilómetros hora.
O Concello reforzará a vixilancia do tráfico coa instalación de cámaras en cruzamentos e rotondas.