Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consulta aquí os sete novos radares da DXT en Galicia

Consulta aquí os sete novos radares da DXT en Galicia

Entran en funcionamento cinco radares fixos e dous de tramo

Tres na provincia da Coruña, dous na de Ourense e un nas de Lugo e Pontevedra

G24.gal 23/01/2025 18:48

A Dirección Xeral de Tráfico puxo en servizo 7 novos radares en Galicia, cinco fixos e dous de tramo.

Esta é a localización dos novos radares: na Coruña, no quilómetro 2,500 da AC-221, no 9,800 da AC-841 e no tramo entre o 26,275 e o 27,300 da AC-552; en Lugo, no 74,150 da LU-862; en Ourense, no 237,880 da N-525 e no tramo entre o 25,850 e o 28,040 da OU-536; en Pontevedra, no 84,150 da N-550.

 

Como é habitual estes novos puntos de control de velocidade están sinalizados na estrada, publicados na páxina web da DXT e as súas localizacións postas ao dispor dos operadores para que os inclúan nos seus navegadores.

Durante o primeiro mes, os condutores que circulen a unha velocidade superior á permitida polas estradas nas que están situados estes novos radares recibirán unha carta informativa advertíndolles de que foron captados por radar co exceso de velocidade. Pasado este período, comenzarán as sancións para todo aquel que supere a velocidade establecida.

Estes sete radares atópanse entre os novos 24 postos en funcionamento en toda España, repartidos entre dez provincias.

Este ano cúmprense dúas décadas da chegada do primeiro plan de radares fixos, unha medida que, xunto con outras, axudou á redución estes anos dun 75 % do número de vítimas mortais, lembra a DXT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade