Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación e inseguridade por mor dunha vivenda ocupada de xeito ilegal na Agra do Orzán, na Coruña

Preocupación e inseguridade por mor dunha vivenda ocupada de xeito ilegal na Agra do Orzán, na Coruña

A policía prendeu un home por un delito de lesións tras unha pelexa no interior do piso ocupado

G24.gal 25/04/2025 14:04

"Berros, pelexas. Hai bastantes pelexas. E tamén o que hai hoxe en día". "Hai droga", din os veciños.

É case o día a día, segundo contan, dous veciños dun inmoble e dos da contorna da rúa Laracha, no barrio coruñés da Agra do Orzán.

"Temos medo". "A partir das nove da noite é complicado andar pola rúa".

A comezos desta semana, no interior dun destes pisos, produciuse unha pelexa entre ocupantes ilegais que mobilizou a Policía Nacional. Finalmente, os axentes prenderon un dos implicados por un delito de lesións. 

 "Aquí está a policía seguida por todo o follón que arman".

Cansos e impotentes, no mes de setembro, a veciñanza xa protagonizou unha cazolada en sinal de protesta que, ao seu entender, de pouco serviu. Porque din que malia que se aumentou a vixilancia, non é dabondo para sentirse seguros no seu barrio de sempre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade