Cargando resultados...
A camaradería e o bo humor caracterizan as Olimpíadas Rurais de Friol
A camaradería e o bo humor caracterizan as Olimpíadas Rurais de Friol
Os equipos teñen que superar probas coma a cucaña ou a carreira de zancos
A intención é recuperar actividades tradicionais para que non se perdan
G24.gal
29/06/2024 14:51
A diversión é o que caracteriza a estas Olimpíadas Rurais de Friol, unha competición que engloba probas como a cucaña ou carreira de zancos.
Nacen coa idea de recuperar actividades antano moi arraigadas, para que non se esquezan.
Son probas vistosas, de habilidade e de moito nivel, pero nas que predomina a camaradería.
As olimpíadas continúan pola tarde con competición de corda, cintas e de piola, entre outras. O domingo, carreira de sacos.