Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller tras ser atropelada por un motocultor en Pontevedra

Falece unha muller tras ser atropelada por un motocultor en Pontevedra

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar a morte da implicada

Falece un home septuaxenario ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Tui

G24.gal 25/04/2025 14:35 Última actualización 25/04/2025 17:51

Unha muller faleceu tras ser atropelada por un motocultor en Pontevedra. Ocorreu minutos despois das 13:45 horas. Foi un particular quen informou o 112 Galicia do sucedido: un motocultor acababa de atropelar unha muller dentro dunha propiedade privada en Guxilde, pertencente á parroquia pontevedresa de Alba.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Nacional e Local. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar a morte da implicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade