Publicador de contidos

Publicador de contidos

A matrícula para Educación Infantil será do 20 ao 30 de xuño

A matrícula para Educación Infantil será do 20 ao 30 de xuño

As listas provisionais de admitidos publicáronse este xoves e as definitivas estarán dispoñibles o 15 de maio

14.150 nenos comezarán 4º de Infantil en Galicia o vindeiro curso

A crise demográfica fai que só se cubrisen un 66,7% das prazas ofertadas por Educación

G24.gal 25/04/2025 15:50

Un total de 14.150 nenos iniciarán o 4º curso de Infantil (3 anos) en Galicia no vindeiro curso escolar, 200 menos que o ano anterior. Deles, o 96,6% foi admitido no centro que as familias marcaron como primeira opción.

As listas provisionais de admitidos publicáronse este xoves. As definitivas estarán dispoñibles o 15 de maio, e o proceso formal de matrícula desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño, tanto para Infantil como para Primaria.

Oferta e prazas sen cubrir

A Consellería de Educación ofreceu 21.227 prazas para 4º de Infantil en toda Galicia. Destas, só se cubriron 14.150, o que representa un 66,7% do total, deixando o 33,4% sen ocupar. Estes datos evidencian o impacto da crise demográfica que afecta á comunidade.

Ademais, o curso 2025/26 será o segundo no que se aplicará a redución de ratios nas aulas de 3 anos, cun máximo de 20 alumnos por aula. A porcentaxe de nenos que non accedeu ao colexio elixido como primeira opción pasou do 3% deste curso ao 3,4% para o vindeiro.

Por provincias, A Coruña terá o maior número de novos escolares, con 6.028 (96,1% no centro preferido). Séguelle Pontevedra con 5.110 (97,2%), Lugo con 1.713 (94,7%) e Ourense con 1.299 (98,9%).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade