Publicador de contidos

Publicador de contidos

O histórico edificio vigués Gota de Leite será un espazo de apoio integral ás familias

O histórico edificio vigués Gota de Leite será un espazo de apoio integral ás familias

Vaise ampliar a escola infantil e ademais o inmoble albergará un Punto de Encontro Familiar e unha unidade de atención temperá e postemperá

A Xunta vai investir 2 millóns de euros na mellora das instalacións

O presidente Alfonso Rueda e a conselleira de Política Social Fabiola García, na Gota de Leite de Vigo (EFE / Salvador Sas)
G24.gal 12/03/2025 14:22

Na actualidade, o inmoble alberga a maior escola infantil pública de Vigo, que conta con máis de 100 prazas. Coas obras de reforma pasará a ter 30 máis. O histórico edificio tamén vai acoller un Punto de Encontro Familiar e unha unidade de atención temperá.

O Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda explicou: "Imos ampliar a escola, facer dun xeito digno un espazo tan delicado como son os puntos de encontro familiar, que estea céntrico e teña cubertas todas as necesidades. Tamén imos dedicar parte do espazo á atención temperá, tan importante, que estamos estendendo por todo Galicia incluso en sitios pequenos".

Ademais da atención temperá tamén se vai poñer en marcha nas instalacións a primeira unidade de atención postemperá de toda a rede pública autonómica galega.

En total, a Xunta vai investir nas obras, que estarán rematadas o ano que vén, 2 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade