Cargando resultados...
A Xunta aproba a convocatoria de case 1.600 prazas de emprego público
870 serán de acceso libre e 722 de promoción interna

G24.gal
28/04/2025 11:12
Última actualización 28/04/2025 15:29
O Consello da Xunta aprobou este luns a convocatoria de case 1.600 prazas de emprego público, das que 870 serán de acceso libre e 722 para promoción interna.
As convocatorias, segundo explicou o presidente da Xunta, iniciaranse no mes de maio e irán ata novembro.
O 80 % das prazas serán para funcionarios, e as restantes para persoal laboral. En total, explicou Rueda, vanse desenvolver 32 procesos selectivos.