Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idiomas, matemáticas e ensinanzas técnicas encabezan as prazas da OPE de Educación

Idiomas, matemáticas e ensinanzas técnicas encabezan as prazas da OPE de Educación

Inclúe 918 prazas para profesores de Secundaria e 426 para mestres de Educación Primaria e Infantil

Oposicións en Silleda, 2023/Europa Press, Álvaro Ballesteros
G24.gal 29/01/2025 13:24

A Xunta anunciou a convocatoria dunha nova Oferta Pública de Emprego (OPE) no ámbito educativo, que incluirá un total de 1664 prazas para docentes. As oposicións levaranse a cabo en xuño e prevense 918 vacantes para profesores de Secundaria, 426 para mestres de Educación Primaria e Infantil e outras 80 para especialistas en sectores singulares de Formación Profesional.

En total, a oferta pública de emprego (OPE) conterá 1.664 prazas, das cales a maioría corresponden a acceso libre. Destas, as de Secundaria, ESO e Bacharelato son 918, das cales 100 están reservadas para persoas con discapacidade.

As especialidades con maior número de vacantes son Inglés, con 104 prazas; Lingua e Literatura Galega, con 77 prazas; Informática, con 62; Sistemas e Aplicacións Informáticas, con outras 62, e Tecnoloxía, con 58.

En canto aos mestres, a OPE incluirá 426 prazas en total, 53 delas para persoas con discapacidade. Hai 122 vacantes da categoría de Educación Primaria e outras 79 de Infantil, á parte doutras especialidades como Inglés, con 53. E tamén cabe destacar as 53 prazas convocadas de Audición e Linguaxe e as 40 de Pedagoxía Terapéutica.

No que respecta aos especialistas en sectores singulares de FP, ofrécense 80 postos, 10 deles para a quenda de discapacidade. Os grupos máis numerosos son os de Mantemento de Vehículos (19), o de Cociña e Pastelería (17) e o de Mecanizado e Mantemento de Máquinas (15).

A OPE prevé 10 prazas para inspectores de Educación e 230 de promoción interna dirixidas a profesores de Secundaria que desexen ascender do subgrupo A2 ao A1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade