Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta propón iniciar o curso escolar 2025/26 o 8 de setembro e rematalo o 19 de xuño

A Xunta propón iniciar o curso escolar 2025/26 o 8 de setembro e rematalo o 19 de xuño

O Día do Ensino será o 31 de outubro e tampouco haberá clase o 5 de decembro

Os segundos cursos de FP rematarán antes e as ensinanzas especiais poderán flexibilizar o inicio

G24.gal 24/04/2025 16:46

A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades propón que o curso escolar 2025/26 comece o luns 8 de setembro e remate o venres 19 de xuño en todas as etapas educativas, agás no caso dos segundos cursos de FP básica, media e superior, que concluirán o 15 de xuño.

Así o recolle o borrador do calendario escolar remitido aos sindicatos con representación na mesa sectorial docente (CIG, CCOO, ANPE e UGT), que se reunirá o vindeiro 6 de maio para abordar esta proposta.

Excepcións e adaptacións

O documento contempla excepcións para as ensinanzas de réxime especial, polas súas características específicas. Nestes casos, os centros poderán atrasar o inicio das clases ata o luns 15 de setembro como máximo.

En segundo de Bacharelato, o curso rematará antes para adaptarse á Proba de Acceso á Universidade (PAU), aínda sen data fixada para 2026. Tamén se manterá o período de adaptación para o alumnado de 4º de infantil (3 anos), coa posibilidade dunha incorporación gradual durante a primeira semana, e sempre antes do 15 de setembro.

Vacacións e días non lectivos

As vacacións de Nadal irán do luns 22 de decembro ao mércores 7 de xaneiro, sendo o venres 19 o último día de clase antes da parada.

As vacacións de Entroido abranguerán os días 16, 17 e 18 de febreiro (de luns a mércores), mentres que as de Semana Santa serán do luns 30 de marzo ao luns 6 de abril, ambos incluídos.

Ademais, non haberá clase o venres 31 de outubro, Día do Ensino, nin o venres 5 de decembro. A estes engádense os festivos estatais, autonómicos e locais.

A proposta tamén fixa as datas das probas de diagnóstico para o alumnado de 4º de primaria (entre o 13 e o 17 de abril) e 2º da ESO (do 20 ao 24 de abril).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade