Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fabiola García avanza que máis de 3.000 familias solicitaron o bono concilia nas primeiras 24 horas

Fabiola García avanza que máis de 3.000 familias solicitaron o bono concilia nas primeiras 24 horas

Sobre os menores non acompañados que chegaron a Galicia, Fabiola García demándalle máis financiamento ao Goberno central 

A titular de Política Social volveu reclamar que se convoque a Conferencia de Presidentes e que se declare a situación de emerxencia migratoria en España

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha entrevista no 'Bos días'
G24.gal 19/09/2024 09:32

Os nenos e nenas de 0 a 3 anos comezaron o curso a primeira semana de setembro e, por terceiro ano, fixérono de balde nos centros educativos galegos. Más de 32.000 familias galegas benefícianse desta medida, á que a Xunta destina este ano máis de 60 millóns de euros de fondos autonómicos.

Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade, afirmou no informativo 'Bos días' que "os pais o que nos trasladan é a súa gratitude por esta medida onde Galicia foi unha referencia e é a única comunidade a nivel nacional con esa gratuidade". García destacou que, grazas a isto, cada familia galega aforrará máis 3.000 euros ao ano e que esta media "é unha aposta do presidente Rueda de apoio e impulso a todas as familias de Galicia".

Bono concilia

Sobre as axudas ás familias, a conselleira de Política Social tamén se referiu ao Bono Concilia Familia, que dende o mércores 18 de setembro xa se pode solicitar. Este programa está pensado para que os pais e as nais que traballan poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual, por exemplo: por enfermidade ou cuestións laborais; ou durante os períodos de vacacións escolares. Entre as novidades que presenta esta edición do Bono Concilia Familia: aumenta a súa dotación económica, ata conseguir os 2,6 millóns de euros;  amplíase a todos os nenos que fan 13 anos en 2024, cando ata o de agora estaba limitada ata os 12 e os dous pais teñen que traballar.

García afirmou que "nas primeiras 24 horas xa se presentaron máis de 3.000 solicitudes do Bono Concilia, unhas axudas que van dende os 200 ata os 500 euros e nas próximas semanas xa recibirán ese reembolso". O prazo para solicitalo é ata o 17 de outubro o e espérase que máis de 20.000 familias se poidan beneficiar del.

Maiores

Desde o ano 2009, a Xunta triplicou a oferta de prazas públicas para maiores, pasando de 5.500 a máis de 15.000 dispoñibles. Este novo plan de investimentos enmárcase dentro do compromiso do Goberno galego de crear 1.000 novas prazas públicas de residencia e de atención diúrna para maiores e persoas con discapacidade nos primeiros 100 días de mandato. Fabiola García afirmou que "na provincia de Ourense vanse construír 16 novos centros públicos de titularidade municipal, tanto residencias como de atención diúrna e centros sociais, e haberá novas infraestruturas en todas as provincias".

Avanzou que en pouco tempo a Fundación Amancio Ortega entregaranlles "chave en man" a residencia de Pontevedra con 120 prazas públicas. "O noso obxectivo é seguir creando máis prazas públicas para persoas maiores en centros residencias para as persoas que teñen a necesidade de coidados as 24 horas ao día", destacou a conselleira.

Crise migratoria

Fabiola García defendeu no Parlamento de Galicia a actuación da Xunta de Galicia na crise migratoria. Ao respecto, indicou que ao longo deste verán a nosa comunidade leva acollidas a preto de 1.000 persoas migrantes. Ademais, informou de que xa están en Galicia os 28 nenos e adolescentes non acompañados acordados na conferencia sectorial do 2023 e que, nestes momentos, está a traballarse con Ceuta, coas Canarias e co Goberno central para formalizar os trámites do traslado dos outros 26 pactados na conferencia sectorial deste ano.

Fabiola García apuntou que Galicia sempre foi unha terra solidaria e que a Xunta está a actuar con responsabilidade e lealdade, á vez que volveu reclamar ao Goberno central máis financiamento porque só financian un ano a estancia de cada menor non acompañado e os medios e recursos necesarios para contribuír á atención destas persoas, así como a convocatoria dunha Conferencia de Presidentes e que se declare a situación de emerxencia migratoria en España.

ELA

A lei ELA verá finalmente a luz despois de anos de loita do colectivo de afectados. PP, PSOE, Sumar e Junts acordaron un texto que inclúe atención continuada especializada 24 horas para enfermos en estados avanzados e establecerá un máximo de tres meses para revisar ou grao de discapacidade e dependencia. Desde o primeiro momento do seu diagnóstico, os enfermos con esclerose lateral amiotrófica terán recoñecida unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %. A previsión é que ou texto quede aprobado non Congreso non mes de outubro. 

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que "Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha axuda directa de ata 12.000 euros ao ano para os pacientes con ELA". Destacou que "o que queremos é que todas as persoas que padezan ELA teñan todos os recursos que necesitan na súa casa".

Centro de acollida ás vítimas de violencia de xénero con adición

Xa para rematar, a conselleira de Política Social referiuse ao novo centro de acollida ás vítimas de violencia de xénero con adiccións. O seu departamento destinará un millón de euros para a creación do primeiro centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción. García afirmou que "queremos continuar apoiando a todas as persoas que sofren violencia de xénero na nosa comunidade". Asinouse xa un convenio co concello do Porriño para acoller este novo recurso especializado, que pasará a formar parte da Rede Galega de Acollemento.

Ao comezo da entrevista, Fabiola García quixo mandar unha mensaxe de apoio e solidariedade a todos os veciños de Portugal por esa durísima e devastadora vaga de incendios que están sufrindo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade