Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado o alcalde de Agolada a tres anos e medio de cárcere por precintar unha depuradora

Condenado o alcalde de Agolada a tres anos e medio de cárcere por precintar unha depuradora

O tribunal tamén impón trece anos e medio de inhabilitación a Luis Calvo por falsidade documental e prevaricación

Actuou de forma consciente e arbitraria para paralizar as obras dunha empresa láctea

Luis Calvo, alcalde de Agolada Luis Calvo, alcalde de Agolada
G24.gal 24/04/2025 19:27 Última actualización 24/04/2025 19:52

A Audiencia de Pontevedra condenou o alcalde de Agolada, Luis Calvo, a tres anos e medio de cárcere e trece anos e medio de inhabilitación para cargo público por ordenar o precinto das obras de ampliación da depuradora dunha empresa do sector lácteo.

O tribunal considérao culpable de falsidade en documento oficial e de prevaricación.

As maxistradas da sección cuarta determinaron que o alcalde falseou un informe co obxectivo de paralizar unha actuación urbanística.

Segundo a sentenza, redactou e asinou un documento no que atribuía a decisión a unha comisión de goberno que nunca se reuniu nin aprobou a medida.

Actuación unilateral e sen procedemento legal

O tribunal sinala que Luis Calvo actuou “con intención deliberada e plena conciencia da súa ilegalidade”, prescindindo de todo trámite administrativo.

Foi el mesmo quen enviou desde o correo electrónico do Concello unha notificación á empresa co decreto de precinto, sen contar coa intervención do secretario-interventor.

O secretario advertiu dous días despois, mediante un informe, que esa competencia era da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta e que, ademais, non constaba que as obras continuasen desde a súa paralización oficial o 19 de novembro de 2019.

A pesar das advertencias, o alcalde asinou o 5 de febreiro de 2020 un decreto formalizando o precinto da actividade. Como consecuencia, a empresa afectada sufriu perdas valoradas en 24.798 euros, cantidade que deberá ser indemnizada polo propio rexedor.

A sentenza non é firme e pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade