Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OTAN di que España foi o país que menos gastou en defensa en 2024, o 1,24% do PIB

A OTAN di que España foi o país que menos gastou en defensa en 2024, o 1,24% do PIB

O ministerio de Defensa asegura que o gasto militar foi o ano pasado do 1,4% do PIB, e que a Alianza manexa datos antigos

Sánchez prevé informar o 7 de maio ao Congreso sobre o plan de gasto en defensa

G24.gal 24/04/2025 19:13

España destinou ao gasto militar o 1,24 % do seu produto interior bruto en 2024, o que a situou como o país da OTAN que menos proporción do seu PIB investiu en defensa, segundo os datos provisionais publicados este xoves pola Alianza.

As cifras difundiunas a organización transatlántica no informe anual do secretario xeral da OTAN sobre o ano pasado, polo que non teñen en conta o anuncio que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, realizou o martes.

Ese día, Sánchez informou dun investimento adicional de 10.471 millóns de euros para seguridade e defensa co fin de lograr este ano o obxectivo de destinar o 2 % do PIB a esa partida, unha meta que o Executivo propuxera alcanzar nun primeiro momento en 2029.

En resposta á OTAN, o ministerio de Defensa asegura que o gasto militar foi o ano pasado do 1,4% do PIB, e que a Alianza manexa datos antigos.

Sánchez prevé informar no Congreso

Pedro Sánchez prevé comparecer o próximo 7 de maio ante o pleno do Congreso para informar do plan que presentou o pasado martes que permitirá a España chegar este ano a un gasto en defensa do 2 % do PIB, segundo informaron a EFE fontes do Executivo este xoves.

Sánchez comprometeuse ao presentar o plan que daría conta do mesmo ao Congreso, aínda que explicou que non é necesario sometelo a votación xa que, de acordo con a Constitución e a lei de orzamentos, non necesita que a cámara o aprobe porque non implica un maior esforzo orzamentario.

A data da comparecencia será fixada oficialmente a próxima semana polo Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade