Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei preside na Zarzuela a reunión que impulsa unha nova Estratexia de Seguridade Nacional

O rei preside na Zarzuela a reunión que impulsa unha nova Estratexia de Seguridade Nacional

Á reunión asistiu o presidente do Goberno xunto a outros membros do seu gabiente como a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, e a vicepresidenta segunda e responsable de Traballo, Yolanda Díaz

O rei Filipe VI, acompañado do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside a reunión do Consello de Seguridade Nacional/Fernando Calvo/EFE O rei Filipe VI, acompañado do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside a reunión do Consello de Seguridade Nacional/Fernando Calvo/EFE
G24.gal 24/04/2025 18:45

Filipe VI presidiu no Palacio da Zarzuela a reunión do Consello de Seguridade Nacional, á que asistiron varios membros do Goberno encabezados polo seu presidente, Pedro Sánchez, e na que se deu luz verde ao procedemento de redacción dunha nova Estratexia de Seguridade Nacional.

O Executivo informou de que, de acordo coa lei de seguridade nacional, corresponde ao presidente de Goberno propoñer a elaboración desa estratexia así como as súas revisións cada cinco anos ou cando o aconsellen as circunstancias do ámbito estratéxico.

Ademais dos prazos legalmente establecidos, o acordo adoptado polo Consello de Seguridade Nacional identifica o notable cambio do panorama internacional experimentado desde 2021 como principal motivo que xustifica iniciar o proceso de revisión estratéxica.

O Consello de Seguridade Nacional é un órgano colexiado que se reúne a iniciativa do presidente do Goberno como mínimo con carácter bimestral e ten como obxectivo principal a preservación da Seguridade Nacional a través do funcionamento óptimo, integrado e flexible de todos os recursos dispoñibles a tal fin.

Á reunión na Zarzuela asistiron igualmente por parte do Goberno a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, e a vicepresidenta segunda e responsable de Traballo, Yolanda Díaz.

Tamén os ministros e ministras como José Manuel Albares (Asuntos Exteriores); Félix Bolaños (Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes); Margarita Robles (Defensa); Fernando Grande-Marlaska (Interior); Óscar Puente (Transportes e Mobilidade Sostible); Jordi Hereu (Industria e Turismo); Mónica García (Sanidade); Diana Morant (Ciencia, Innovación e Universidades); e Óscar López (Transformación Dixital e Función Pública).

Así mesmo, forman parte do Consello de Seguridade Nacional o xefe de Estado Maior da Defensa, Teodoro Esteban; a directora do Centro Nacional de Intelixencia, Esperanza Casteleiro; o director do Gabinete da Presidencia do Goberno, Diego Rubio; a secretaria de Estado de Comunicación, Lydia do Canto; o secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, e a directora do Departamento de Seguridade Nacional, Loreto Gutiérrez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade