Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home que levaba o cadáver da súa parella no maleteiro do coche

Detido un home que levaba o cadáver da súa parella no maleteiro do coche

O arrestado parou á altura dunha patrulla nunha autoestrada de Tarragona para confesar que transportaba o corpo no vehículo

Unha patrulla dos Mossos en Constatí (Tarragona)
G24.gal 19/04/2025 11:12 Última actualización 19/04/2025 16:28

Os Mossos d'Esquadra detiveron un home de 43 anos na AP-7, á altura de Constatí (Tarragona), despois de confesar que levaba o corpo da súa parella no maleteiro do coche, tras matala supostamente en Castelló.

Segundo informan as forzas de seguridade, sobre as 18:00 horas do venres, o condutor parou á altura dunha patrulla que daba apoio a un guindastre e confesou que levaba no vehículo o corpo sen vida da muller. 

Os axentes comprobaron que o cadáver presentaba sinais de violencia polo que arrestaron o individuo como presunto autor deste novo crime machista.

O corpo da vítima foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense de Tarragona para que se lle practique a autopsia. A División de Investigación Criminal de Tarragona fíxose cargo do caso, que está baixo segredo xudicial.

Pola súa banda, o departamento de Igualdade e Feminismo da Generalitat sinalou que está a facer seguimento "dun feminicidio en Castelló despois de que o presunto asasino se entregara en Constantí".

No que vai de ano, nove mulleres morreron vítimas da violencia machista en España e 1.303 dende que comezaron a elaborarse as estatísticas de feminicidios no ámbito da parella no 2003.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade