Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga un suposto caso de violencia machista a unha camareira na Coruña

A Garda Civil investiga un suposto caso de violencia machista a unha camareira na Coruña

Todo se destapou cando o fillo a chamou para advertila de que o pai se dirixía ao local para matala

G24.gal 10/04/2025 14:32

Unha suposta ameaza de morte a unha camareira por parte da súa exparella mobilizou un bo número de efectivos policiais e os clientes do bar onde traballa a muller, situado na céntrica rúa Sinfónica de Galicia.

Eran as nove e media da noite cando a muller recibiu unha chamada do seu fillo. Contoulle que acababa de falar co seu pai e que viña cara a alí coa intención de matala. 

Ante o seu nerviosismo, os clientes decidiron atrincheirarse e protexer a muller por se a súa exparella facía acto de presenza. Porén, antes ca el, chegaron al lugar unha morea de efectivos da Policía Local e Nacional. Finalmente, o suposto agresor logrou fuxir. 

A camareira continuou co seu traballo e, unha vez que pechou o negocio, presentou a correspondente denuncia perante a Policía Nacional. Porén, como todas as partes son de Sada, agora é a Garda Civil quen leva o caso. De feito, os axentes lograron dar co paradoiro do home e, tras falar con el, presentouse no cuartel da Garda Civil de Sada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade