Rábade convértese na capital do futbolín durante a Semana Santa
O torneo, que se celebra desde finais do século pasado, atrae persoas afeccionadas de toda España
Os participantes destacan o ambiente que reina durante a competición e o nivel dos xogadores
A paixón polo futbolín case duplica a poboación de Rábade durante a Semana Santa. A celebración do Gran Máster Nacional enche de afeccionados este pequeno concello lucense, de 1.500 habitantes.
O promotor do torneo, José Manuel Candal, asegura que esta vixésimo sexta edición "foi un éxito de participación". Este sábado, o día grande, dispútanse as finais en todas as categorías.
Comezou a celebrarse a finais dos anos noventa do século pasado. É un dos torneos máis veteranos de cantos se celebran en España. Segundo lembra José Manuel Candal, cando comezaron apenas eran "catro xogadores".
Agora, participa xentes de toda España e reparte 16.000 euros en premios entre os mellores clasificados.