Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e un ferido nun incendio nunha casa en Asturias

Un morto e un ferido nun incendio nunha casa en Asturias

Os afectados son un pai, que quedou atrapado polas lapas e faleceu, e o seu fillo que foi evacuado con feridas leves ao hospital Central de Asturias

A virulencia das lapas fixo que caera parte do tellado da casa, situada no concello asturiano de Salas

 

Casa afectada polo incendio en Salas /Asturias
G24.gal 19/04/2025 15:10

Un home morreu e outro quedou ferido no incendio da súa casa no concello asturiano de Salas. 

Os afectados polo lume son pai e fillo. O falecido é o proxenitor e o fillo ingresou no hospital Central de Asturias con feridas e queimaduras leves na faciana e nas mans.

Emerxencias recibiu pasadas as once da noite do venres o aviso do incendio e de que no interior da casa había unha persoa atrapada. Os bombeiros desprazaron numerosos efectivos, pero cando chegaron as lapas xa derrubaran parte do teito da vivenda. Tras sufocar o lume rescataron o cadáver do home falecido e limparon os cascallos. Agora investíganse as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade