Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xogos con distintos tipos de caca ou mover os marcos, as propostas da ComiCon de Moaña

Xogos con distintos tipos de caca ou mover os marcos, as propostas da ComiCon de Moaña

Hai xogos de mesa galegos que apostan por coñecer o noso patrimonio

Videoxogos, anime, manga ou Kpop forma parte da oferta de lecer

Na ComiCon de Moaña tamén hai zona de comida e mercado que comparte espazo con torneos e demostracións
G24.gal 11/04/2025 20:48 Última actualización 11/04/2025 21:06

Imaxinan xogar a mover os marcos das leiras dos veciños? Uns autores de Bueu crearon un xogo semellante ao Monopoly, pero en terras do Morrazo.

"Ten diferenzas con xogos deste estilo, son partidas rápidas de 20 minutos ou media hora co obxectivo de sumar puntos combinando características de propiedades", explica Pedro Vilar, un dos autores do xogo Tes Terras.

Na ComicCon de Moaña presentan o seu xogo. Como fai un creador de Cangas, cunha proposta algo escatolóxica, que xa se vende en toda España.

Rubén Cembellín ideou 'Perfect, un juego de mierda', que el mesmo define como "o único xogo centrado no cuarto de baño. Atacamos con caca os nosos rivais, cacas humanas catalogadas. É unha mestura de cómic de humor e xogo de mesa".

Pero tamén nos podemos adentrar na cultura galega e coñecer mellor o noso patrimonio. Esa é unha das ideas que desenrola Andrea Bretín Saborido, creadora e formadora en xogos: "Traballamos nunha proposta sobre o camiño de Santiago, que se poida xogar sen percorrelo e que se aprenda xogando".

Na ComicCon de Moaña hai espazo tamén para outras propostas. "Espazo no mundo do manga, o anime, xogos de mesa e a cultura xaponesa", destaca Kevin González, concelleiro de Mocidade, Infancia e Voluntariado de Moaña que impulsa a feira.

Este tipo de lecer conta cada vez con máis afeccionados. José Antonio García, de Tempus Ludit, coñece este mundo onde ten observado que hai opcións "de calquera temática que se che ocorra. Dende tema de cartas a xogos de rol, que hai moitos".

Na ComiCon de Moaña tamén hai zona de comida e mercado que comparten espazo con torneos e demostracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade