Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda destaca a redución de 'ratios' e a atención á diversidade deste curso escolar

Rueda destaca a redución de 'ratios' e a atención á diversidade deste curso escolar

O presidente anuncia un novo plan de investimentos para mellorar as infraestruturas educativas

Nervios, pero tamén ledicia na volta ao cole en Galicia

G24.gal 11/09/2024 16:40 Última actualización 11/09/2024 16:58

A Xunta celebrou o acto de inicio do curso esxcolar 24/25 no IES Valle-Inclán, de Pontevedra, onde estudou o presidente, Alfonso Rueda. Este mércores foi a xornada de volta ás aulas para case 308.000 alumnos en Galicia nos máis de mil centros de ensino do país. E fano con 31.600 profesores, a cifra máis alta ata agora, segundo  a Consellería de Educación. .

IES Valle-Inclán de Pontevedra, o primeiro instituto que houbo en Galicia, empeza o curso co edificio renovado. É un dos centros reformados no plan da Xunta de Arquitectura Pedagóxica para adaptar o ensino ás novas tecnoloxías e facelo máis inclusivo. 

"Estou moi orgulloso do que conseguimos e podemos seguir facendo: baixando as ratios; coidando a a formación do profesorado, que é o que explica a calidade do nosos sistema educativo; e coidando o alumnado, que ten que afrontar moito restos nun mundo tan competitivo", dixo Rueda.

O presidente lembrou que este ano se completarán as 2.700 obras de modernización en colexios e institutos, en que a Xunta leva investidos 278 millóns de euros. Alfonso Rueda avanzou un novo plan de melloras nos centros para os próximos tres anos, que terá un presuposto inicial de 210 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade