Nervios, pero tamén ledicia na volta ao cole en Galicia
Nervios, pero tamén ledicia na volta ao cole en Galicia
Un alumno resume a sensación máis común: "Temos ganas de empezar. Por unha parte por volver a ver os amigos... Pero por outra parte non quería, por ter que volver aos exames e a estudar"
Este mércores chegou o día máis marcado do calendario do mes setembro para os escolares: o regreso ás aulas. Uns con máis ou menos ilusión... e outros con mellor ánimo.
"Eles entran moi contentos. É certo que os novos, os que veñen por primeira vez, con máis incerteza. Pero en xeral o ambiente era de ganas de volver e ver os compañeiros e compañeiras", din as profesoras.
Atrás quedan o sol e as vacacións. Agora toca cargar mochila e comezar un novo curso. Alegres por retomar o contacto cos compañeiros.
"Temos ganas de empezar. Por unha parte por volver ver os amigos... Pero por outra parte non quería, por ter que volver aos exames e a estudar", di un alumno. "Non me gusta moito ter que estudar para os exames, pero se o miras por outro lado o cole mola moito. Estás cos teus amigos e é divertido", di outro.
Porque non todo é socializar. Son conscientes que á escola se vai a adquirir coñecemento.
"Teño emoción por empezar co ordenador", di unha alumna. "A min encántame estudar, voume esforzar ao maximo", engade outro.
Grandes e pequenos iniciaron este mércores simultaneamente o curso 24-25 en infantil, primaria, ESO e bacharelato. Este ano con menos alumnos en Galicia pero máis profesores.