Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roubo na piscina de Noia: o ladrón, camuflado con gorro de baño e lentes de mergullo

Roubo na piscina de Noia: o ladrón, camuflado con gorro de baño e lentes de mergullo

So levou 75 euros en efectivo, pero deixou un importante dano na cristaleira pola que entrou

A alarma saltou e fuxiu, seguramente cara ao campo de fútbol de San Lázaro, que foi asaltado minutos despois

Burato polo que entrou o ladrón
G24.gal 24/04/2025 16:42

Un ladrón moi peculiar tomou moitas precaucións para evitar ser descuberto e recoñecido, pero non o fixo do xeito máis habitual, senón que escolleu "camuflarse" no ambiente propio dunha piscina. Ocorreu na de Noia.

Nin pasamontañas, nin lentes de sol. O ladrón decidiu poñer vestimenta acorde coa instalación, con lentes de mergullo e gorro de piscina para ocultar a súa identidade. Despois so levou 75 euros en efectivo, pero deixou un importante dano na cristaleira pola que entrou. Amais provocou un susto monumental á traballadora da limpeza que estaba na instalación cando ocorreron os feitos.

Pasaba a unha da madrugada cando a traballadora da limpeza escoitou un estrondo. O asaltante acababa de romper cunha barra de ferro a cristaleira da piscina. Asustada, a muller fuxiu á rúa para pedir axuda.

As cámaras de videovixilancia gravaron o culpable. Pero será difícil identificalo, posto que decidiu tapar o rostro coa indumentaria propia dun nadador.

O caco fuxiu ao escoitar xente. Pero regresou ás catro da mañá intentando romper a mesa coa que bloqueara a cristaleira. Desta volta, a alarma saltou e fuxiu, seguramente cara ao campo de fútbol de San Lázaro, que foi asaltado minutos despois.

O disfrace de bañista quedou abandonado no paseo, posiblemente pola présa da fuxida. Iso si, antes de marchar tivo tempo de asaltar a neveira dos traballadores e levar un refresco e galletas para o camiño

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade