Cargando resultados...
As cámaras de seguridade gravan o presunto autor dun dos roubos en establecementos do Grove
O home entra por unha ventá e foxe co botín en menos de 30 segundos
G24.gal
22/04/2025 14:08
A vaga de roubos en establecementos hostaleiros do Grove continúa, e desta vez deixou imaxes dun dos asaltos. As cámaras de seguridade da Taberna de Beli, na avenida da Beiramar, captaron o atracador a noite que deu o golpe.
O caco entrou por unha ventá, rebentando un dos barrotes de seguridade. Vai encapuchado e coa cara tapada. Vese como cruza o local, e vai directo tras a barra. Revisa a caixa, busca, e finalmente foxe co bote das propinas. Nin medio minuto despois volve saír pola ventá, levando -calculan os propietarios do bar- entre 100 e 200 euros de botín.