Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vaga de roubos preocupa os veciños e comerciantes do Grove

Unha vaga de roubos preocupa os veciños e comerciantes do Grove

Negocios de hostalaría, vivendas e persoas na rúa sufriron os ataques dos ladróns nos últimos días

G24.gal 21/04/2025 14:20

A vaga de roubos comeza a preocupar, e moito, a veciños e comerciantes do Grove. Negocios, vivendas e mesmo peóns na rúa sofren estes ataques cada vez dun xeito máis continuado.

O último dos atracos foi nunha taberna a escasos 50 metros do concello e non foi a primeira vez que sufrían nela a visita dos ladróns. A Garda Civil inspeccionaba o local esta mañá pero nin eles nin os propietarios foron quen de estimar aínda danos ou posible material roubado.

Outro asalto producíase durante a ponte de Semana Santa, nun bar próximo, de onde levaron a recadación do día. Veciños e comerciantes do Grove denuncian que esta situación é xa unha constante, e todos eles falan dun pequeno grupo de sospeitosos que todos coñecen como os máis que posibles responsables desta vaga de roubos que están a sufrir na localidade pontevedresa.

No Grove están fartos desta situación, esixen máis vixilancia policial e solucións urxentes. A Garda Civil pola súa parte segue investigando uns feitos polos que xa se interpuxeron distintas denuncias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade