Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Santiago arredor de 19.000 peregrinos durante a Semana Santa

Chegan a Santiago arredor de 19.000 peregrinos durante a Semana Santa

No que vai de abril a Oficina do Peregrino expediu 34.000 compostelas

Por nacionalidades, predominaron os peregrinos españois, seguidos de alemáns e de portugueses

Imaxe deste luns de peregrinos percorrendo os últimos dez quilómetros do Camiño Francés a Santiago.
G24.gal 21/04/2025 14:02

Esta Semana Santa os camiños a Santiago estiveron máis concorridos que na anterior. A oficina do peregrino cifra en 19.000 os peregrinos chegados fronte aos 13.500 do ano pasado, o que confirma outro ano de crecemento da afluencia polas distintas rutas a Compostela. E iso a pesar das condicións atmosféricas, como lembran camiñantes que este luns estaban xa a poucos quilómetros do Obradoiro.

"Viñan contentos, a verdade. Porque moitos deles viñan de lugares onde non chove moito. O tempo non frea os peregrinos. E nós, moi contentos por recibilos. Veñen moi animados e vemos que cada ano o Camiño aumenta", di Monteserrat Díaz Baltar, coordinadora do Voluntariado Internacional de Acollida Cristiá no Camiño.

O francés segue a ser o máis concorrido e o Camiño Portugués o que máis crece. Este ano entre as persoas que recolleron a compostela predominaron as de nacionalidade española, seguida da alemá, portuguesa e estadounidense. A Semana Santa marca a arrincada dos meses fortes que se prolongan ata outono.

Cos que chegaban esta mañá de luns a Santiago, son unhas 34.000 as persoas que recolleron o certificado de ter percorrido algúns dos distintos camiños no que vai deste mes de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade