Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos enchen o Camiño Portugués cara a Compostela

Os peregrinos enchen o Camiño Portugués cara a Compostela

A maxia do camiño non deixa de sorprender a peregrinos de todo o mundo

Unha das rutas que máis medrou é o Camiño Portugués

En Padrón os albergues colgan estes días o cartel de completo

G24.gal 20/04/2025 15:07 Última actualización 20/04/2025 15:56

No albergue da Meiga, de Padrón, afánanse en preparar todos os cuartos e estancias comúns para acoller os numerosos peregrinos que están a recibir cada día. Esta Semana Santa comezou a temporada alta e xa están ao cen por cento de ocupación.

"Toda a Semana Santa estivemos ao 100 % e hoxe tamén a seguiremos así cada toda a semana que vén. Temos un aforo de 42 persoas e case todos veñen con reserva", di Belén Vázquez, xerente do albergue da Meiga.

O camiño portugués cara a Compostela xa ten moita sona e conta cada vez con máis afluencia de peregrinos. Veñen desde distintas partes do mundo... do Canadá, Irlanda, Alemaña, o Xapón, ou Nova Zelandia.

"Eu quería un desafío e viaxar soa para coñecer xente nova e poder ter novas experiencias", di unha peregrina.

"Á xente gústalle sobre todo o camiño da costa, o central tamén, pero sobre todo o da costa, porque a xente chega a Lisboa ou a Porto en avión de todo o mundo. Tivemos onte peregrinos de Singapur, de Filipinas, do Xapón, de Taiwán, de Corea do Sur", engade Belén Vázquez.

Tamén chegan peregrinos doutras partes de España e de Portugal. Nin a chuvia destes días freou a trasfega de camiñantes.

"Comezamos en Valença hai dous días, fixemos 45 quilómetros o primeiro día. É moi desafiante, tivemos moita chuvia".

"Dixéranme que o camiño portugués era moi bonito e quería compartilo coa familia".

"Comezamos a etapa en Vigo, simplemente porque nos gustaba e queriamos investigar a zona e queriamos chegar a Santiago e ímolo acadar", destacan outros peregrinos.

Á unha da tarde é a hora de apertura deste albergue e xa hai ringleiras á porta. Despois de moitos quilómetros camiñando os peregrinos chegan por fin para un tan merecido descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade