Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncia o roubo de 11.000 euros en criptomoedas

Denuncia o roubo de 11.000 euros en criptomoedas

O bufete que lle leva o caso alerta de que cada vez hai máis vítimas

En ano e medio levan acumulado denuncias por importe duns trescentos mil euros só en Ourense

G24.gal 22/04/2025 13:50

Once mil euros en criptomoedas desaparecidos da noite para a mañá. "Os seus sistemas de seguridade fallaron ou alguén os quebrantou e accederon ilegalmente á súa billeteira de Binance e limpáronlle todas as criptomoedas que tiña", explica Luis Garnil, avogado de Lex Auria especializado en criptomoedas.

O autor non se coñece, pero si teñen pistas para lle seguir o rastro. "Temos un pequeno rastro, que pode seguir a Garda Civil. Que pasa?, que esta persoa pode estar en Nixeria, Suramérica, Suráfrica... non sabemos onde está", sinala Garnil.

Responsable subsidiaria

Como responsable subsidiaria, denuncian a propia casa de cambio onde estaban depositadas as criptomoedas, Binance, por non garantir a seguridade do usuario. "Se, mantendo as medidas de seguridade que nos indica a propia casa de cambio, se accede ilegalmente á conta, entendemos que é responsable civil subsidiario, como mínimo".

É o último caso que chegou aos xulgados de Ourense, pero non o único.

"Nos últimos meses entráronnos varios, de 30.000, algún cerca dos 50.000... En ano e medio acumulamos preto de trescentos mil euros de estafas en criptomoedas", di Garnil, referíndose a Ourense.

Como na banca móbil, recomendan introducir cando menos unha dobre verificación do usuario e, en caso de estafa, denunciar canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade