Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodríguez destaca a aposta da Xunta pola I+D+I: "O coñecemento e a ciencia son o petróleo do século XXI"

Rodríguez destaca a aposta da Xunta pola I+D+I: "O coñecemento e a ciencia son o petróleo do século XXI"

O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, di que Galicia apostará pola I+D+i "para non perder o tren do futuro"

Destaca o "esforzo loxístico" das oposicións en Educación, que permtirán unha renovación moi positiva dentro da estabilidade para o sistema educativo galego

Rodríguez cre que o novo sistema de acceso á universidade, a PAU, debe ser "máis xusto e realista, evitando desigualdades" entre as comunidades

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
 
Román Rodríguez, este venres no 'Bos días' da Televisión de Galicia
G24.gal 11/04/2025 09:50

A Xunta de Galicia vai investir máis de 1.300 millóns de euros no novo Plan Galego de I+D+i 2025-2027. Un plan que contempla executar 165 actuacións en materia de innovación e investigación. 

O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, explicou no Bos días da Televisión de Galicia os detalles principais dun proxecto que pretende consolidar Galicia como "un referente innovador".

Nese sentido, Rodríguez ve imprescindible avanzar a nivel tecnolóxico en diferentes ámbitos para non ser dependentes do exterior. "O coñecemento, a ciencia, é o petróleo do século XXI", dixo.

 

0 seconds of 0 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
 

O conselleiro asegurou que nunha economía globalizada como a actual Galicia debe estar atenta aos novos avances para poder competir.

"Ou nos enganchamos a este tren ou perderémolo, e Galicia e España teñen perdidos moitos trens, pero agora vai depender de nós non perder o tren do futuro, e por iso temos que apostar pola innovación, polo desenvolvemento e pola investigación", sinalou Rodríguez".  

0 seconds of 0 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
 

O plan vaise centrar en potenciar tres sectores: a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e cuántica e as tecnoloxías limpas.

Para iso, Galicia vai apostar por incrementar o persoal cualificado, retendo e captando talento dentro e fóra das nosas fronteiras.

0 seconds of 0 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
 

Nesta entrevista no Bos días o conselleiro referiuse tamén ás oposicións para Educación que se van celebrar o vindeiro 21 de xuño, con máis de 20.000 aspirantes para cubrir 1.600 prazas en Galicia. Román Rodríguez destacou "o grande esforzo loxístico" para celebrar un proceso que vai permitir "unha renovación" fundamental para o sistema educativo galego.

0 seconds of 0 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
 

Román Rodríguez aproveitou tamén para reivindicar a necesidade de que todas as comunidades autónomas conten cun sistema homoxéneo nas probas de acceso á universidade. A PAU, que é como vai chamarse desde este ano a antiga ABAU, debe ser "máis xusta e realista, evitando desigualdades". Xusto o contrario, dixo, do modelo que promove o Goberno central.

0 seconds of 0 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 

Por iso subliña o traballo que veñen impulsando desde as comunidades autónomas gobernadas polo PP, onde están aproximadamente o 70 % dos alumnos do conxunto de España

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade