Os peregrinos dispoñen de servizo Xacobeo Transfer para unir Caminha e A Guarda
Seis empresas fan o servizo de transporte en barca polo río, pero só unha é española
O ano pasado 15.000 usuarios empregaron o servizo de Xacobeo Transfer no Miño. Os barcos unen Caminha e A Guarda. É unha das seis empresas que comunican aquí as dúas beiras do Miño. É a única española e a única que opera todo o ano. Unha das súas embarcacións é eléctrica.
A viaxe custa seis euros ida e volta. Os empresarios e veciños da Guarda botan de menos o vello ferri que permitía levar tamén os vehículos. Está inoperativo porque o goberno luso non permite facer dragados.
Facía un servizo máis completo. Mentres agardan que algún día volva estar operativo, tamén consideran que hai que mellorar a rede viaria sobre todo en Portugal, xa que os que pasen por Vilanova de Cerveira xa non se achegarán a Caminha porque lles resulta máis doado percorrer directamente a ponte en coche.