Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inscrición de parellas de feito no rexistro autonómico poderá realizarse en liña

A inscrición de parellas de feito no rexistro autonómico poderá realizarse en liña

O Consello da Xunta aprobou a reforma do Decreto do Rexistro de parellas de feito para simplificar os trámites

G24.gal 10/03/2025 11:29 Última actualización 10/03/2025 13:46

O Consello da Xunta aprobou este luns a reforma do Decreto do Rexistro de parellas de feito para a simplificación dos trámites. Deste xeito, e como principal novidade, a inscricións, modificacións e cancelacións, poderán realizarse de xeito telemático en calquera dos catro rexistros dos que dispón a Xunta de Galicia.

Ademais, este rexistro, que equipara os dereitos dos inscritos aos dos matrimonios, o novo decreto permite "homoxeneizar tanto os requisitos como a documentación que hai que presentar en cada un dos catro rexistros que temos", explicou o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, quen este luns presidiu a reunión do Consello da Xunta en substitución de Alfonso Rueda, quen está de xira por América do Sur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade