O téxtil galego presenta as liñas de traballo para cumprir co seu plan estratéxico
É un sector clave da economía galega: fFactura 8.430 millóns de euros que represetan o 13,3% do PIB galego
O clúster galego da moda, que representa unhas 60 empresas do sector téxtil, acaba de presentar as principais liñas de traballo para poder cumprir co seu plan estratéxico. Mellorar as canles de comercialización é unha delas.
"Seleccionamos unha serie de países para presentar o produto galego aos grandes compradores, aos directores de compra das grandes cadeas internacionais que nos dan certo volume e certa presenza", informa Javier Guerra, presidente de Cointega
Para lograr os seus obxectivos buscan a implicación doutros clústers estratéxicos dentro da comunidade, un deles o das TIC.
"Para deseñar sistemas de intelixencia artificial que nos permitan, por exemplo, predicións sobre mercado, modelar deseños a través de IA", continúa
Un obxectivo moi importante é o de atraer talento e axudarlles economicamente no emprendemento.
"Que se xere un fondo, porque estas persoas normalmente o problema que teñen non é que non teñan ideas, non é que non teñan ganas, o que non teñen son cartos para desenvolver os seus proxectos", apunta Javier Guerra
Tamén a formación ocupa un capítulo importante que pasa por deseñar un mapa de capacidades con ciclos e carreiras universitarias para ensinar todas as disciplinas da cadea de valor.
"Que Galicia sexa un polo de atracción de vocacións e de formación"
Unha das principais eivas do sector é a falta de man de obra, e para iso necesítanse tamén salarios competitivos. Galicia está na mesa de negociación do novo convenio colectivo estatal que pretende unha suba salarial do 3´3% para os anos 24, 25 e 26 con efecto retroactivo.
"O 31 asinarase o convenio e terá vixencia ata o 26, que haberá que negociar outro", informa Alberto Rocha, secretario xeral de Cointega