Publicador de contidos
Publicador de contidos

A confección dos uniformes gaña peso no sector téxtil

A confección dos uniformes gaña peso no sector téxtil

 As empresas piden roupa de traballo personalizada 

 Os uniformes son unha ferramenta máis de márketing

G24.gal 24/09/2024 14:24

Acorde coa imaxe da empresa, co que quere transmitir e feitos á medida para cada traballador. Isto é o que piden os clientes cando encargan o vestiario para os seus profesionais. 

O concepto de uniforme cambiou, e agora é unha ferramenta máis de márketing na que cada vez máis se fixan as empresas. Esta parte da industrial téxtil está neste momento en auxe. 

O auxe do  vestiario profesional é unha proba máis da boa marcha do sector téxtil galego con cada vez máis marcas e máis presenza no mercado. De feito a roupa feita en Galicia supón o 44,5 % das pezas producidas en España. 

Esta industria xera en Galicia 42.000 empregos entre directos e indirectos e representa preto do seis e medio por cento do produto interior bruto galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar