O mal tempo golpeou o sector téxtil
O mal tempo golpeou o sector téxtil
Os pequenos comerciantes calculan que venderon un 40 ou un 50 por cento menos que noutras primaveras
A chuvia continua e as baixas temperaturas desta primavera tiveron un impacto moi negativo no sector téxtil.
"O tempo influíunos moito. Non se vendeu nada". "Eu teño o almacén case como ao comezo da temporada", comentan comerciantes de Arteixo.
O que axudou a sacar fóra a mercadoría que lograron vender foron os moitos eventos de maio e xuño. "Porque non lles quedou outra...".
Con esta situación, os pequenos comerciantes botan contas. Calculan que esta temporada venderon entre un 40 e un 50 por cento menos que anos atrás. E estes días de xuño seguen amosándose pesimistas porque, coas rebaixas á volta da esquina, din que os consumidores xa van agardar polos descontos para adquirir a roupa ou calzado novos.
"Claro, agora xa hai que agardar polos descontos. Senón... é tirar os cartos", din.
E isto faralles perder máis diñeiro aos pequenos empresarios. "Moitísimo. O investimento xa está feito e a marxe de beneficios xa non a tes", aseguran algúns afectados.
Esta atípica primavera o que triunfou foron as pezas de entretempo deixando as do verán expostas nos comercios".