Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esgotado o crédito do Bono Activa Comercio en só dous días

Esgotado o crédito do Bono Activa Comercio en só dous días

Esta foi a ocasión na que máis rápido se acabou o diñeiro dispoñible, 2,5 millóns de euros, despois de que na anterior edición os fondos se esgotasen en cinco días

G24.gal 06/11/2024 14:17

O crédito da última edición da campaña Bono Activa Comercio, que ascendía a 2,5 millóns de euros, esgotouse este mércores, tan só dous días despois de que se activase a descarga de bonos para particulares.

A Xunta activou o bono o pasado luns, 4 de novembro, e, segundo as bases, poderíase utilizar ata o 31 de decembro de 2024 ou ata o fin do crédito, cuestión que xa sucedeu.

Desde esta mañá, a plataforma xa non permite máis rexistros de clientes e os comercios adheridos xa informan de que non é posible o uso do bono debido a que o crédito posto ao dispor xa se esgotou.

Esta foi a ocasión na que máis rápido se acabou o diñeiro dispoñible, despois de que na anterior edición os fondos se esgotaran o dous de maio, tras estar cinco días dispoñibles para os consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade