Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector comercial español perde cada ano máis de 1.800 millóns de euros polo furtos

O sector comercial español perde cada ano máis de 1.800 millóns de euros polo furtos

Publícase o barómetro do furto na distribución comercial

O 55 % dos furtos son cometidos por bandas organizadas

En alimentación, viños e licores son os máis roubados

Denúncianse o 64 % dos casos de roubos e o 52 % resólvese de xeito satisfctorio
G24.gal 08/11/2024 14:43

"Nós tampouco podemos tocar o cliente se rouba. Un día vimos como unha moza collía unhas cremas, dixémosllo e saíu tan pancha", explica Patricia Louzao, dependenta de perfumería.

"Si, négano e ademais non se poñen colorados, eh", apunta unha muller.

Impotencia é o que senten moitos comerciantes. As perdas anuais por roubos no sector son millonarias e aféctanlles tanto ás grandes superficies coma ao pequeno comercio. O último barómetro publicado reflicte un incremento de roubos neste último ano.

"Eu levo en perfumerías traballando 25 anos e nunca pasou tal cousa. O que rouban agora é incrible", continúa Patricia.

Un 64 % dos furtos son realizados por autores multirreincidentes cun perfil de menos de 30 anos. Pero que é o que máis se rouba?

"Pois eu creo que son cosméticos de alta gama e bebida", atina un señor.

"Van ás cousas caras, botellas caras e caprichos", comenta unha señora.

O 55 % dos furtos son cometidos por bandas organizadas con fins lucrativos. Venden os produtos en mercados paralelos. En alimentación, son as botellas de viño e licores as que máis desaparecen dos estantes.

"Fastídiame que collan cousas que sexan iso, que non sexan de necesidade", apunta outra.

Tamén embutidos, conservas e, nos últimos anos, aceite. Os produtos de cosmética e hixiene capilar tamén son moi cobizados

"Non son moito de maquillaxe, pero si que teño amigas que saben e de máis, e eu creo que o máis fácil é roubar", conta unha rapaza.

Pilas e baterías, teléfonos e reloxos intelixentes, zapatos e roupa, mesmo a deportiva, bolsos e lentes. A lista é interminable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade