Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acendido das luces e os escaparates adiantan o Nadal de Vigo a novembro

O acendido das luces e os escaparates adiantan o Nadal de Vigo a novembro

Moitos escaparates avanzan os seus adornos ata un mes para casar co espírito da cidade

G24.gal 10/11/2024 21:25 Última actualización 10/11/2024 21:48

Vigo ultima a instalación das luces led que finalmente se acenderán o vindeiro sábado. Así que na cidade olívica, como xa están afeitos, o Nadal adiántase de decembro a novembro.

Moitos escaparates avanzan a súa decoración ata un mes para casar co espírito dunha cidade onde o Nadal durará case dous meses.

O comercio local de Vigo traballa para lucir á altura dos once millóns e medio de luces led que se prenderán o vindeiro sábado ás oito da noite na Porta do Sol, aos pés da árbore xigante, cunha conta atrás xa clásica, ao longo de 420 rúas.

O escaparate máis visitado, por adiantarse cada ano aos demais e por facer resplandecer motivos de Nadal impresionantes, é o dunha tenda de decoración na rúa Velázquez Moreno. A el seguiranlle o resto de negocios do centro.

En realidade cóntannos moitos vigueses que leva moitos anos facéndoo, que é un clásico da cidade. Vende ornamentos e o Nadal é sen dúbida esa grande época para os adobíos.

O escaparate ten imán porque a estas alturas resulta único.  É moi cedo, a mes e medio de distancia, para sentir que estamos no Nadal? 

Todo está preparado para que en seis días Vigo acenda as luces de Nadal. As instalacións de Marqués de Valladares co efecto vidreira de baixo consumo, a nora, os motivos xigantes, e a maioría das luces led.

De feito, esta noite ultimaban detalles da súa montaxe. Aínda non é Nadal, como conta o marcador de Príncipe, quedan 44 días para o 25 de decembro, pero a cidade xa se sente na pista de saída.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar