Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para o home detido en Vigo por lanzar cocaína a catro policías

Prisión provisional para o home detido en Vigo por lanzar cocaína a catro policías

Os feitos sucederon sobre as 13:30 horas do pasado domingo nun hotel de luxo situado na alameda de Vigo

Os catro policías tiveron que ser trasladados a un hospital por intoxicación e xa foron dados de alta

G24.gal 03/03/2025 17:18 Última actualización 03/03/2025 20:20

O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou prisión provisional para o home detido esta fin de semana tras supostamente negarse a pagar o cuarto dun hotel e lanzar cocaína a policías.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home está a ser investigado por tráfico de drogas e atentado contra axentes da autoridade.

Os feitos sucederon sobre as 13:30 horas deste pasado domingo nun hotel de luxo situado na alameda de Vigo. Foi o persoal do aloxamento o que chamou os axentes para informar de que había un hóspede que estivo a causar molestias durante a noite e, pola mañá, cando o persoal de limpeza quixo acceder ao cuarto, o home, duns 50 anos, negábase a abandonalo.

A persoa, que estaba moi agresiva e atopábase baixo os efectos do consumo de substancias estupefacientes, portaba varias bolsas de cocaína. Cando os catro axentes se achegaron a el, lanzou a substancia estupefaciente por encima deles.

O individuo, ao que lle incautaron nunha bolsa 100 gramos de cocaína, foi detido. Os catro policías tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación, aínda que xa foron dados de alta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade