Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Vigo por ameazar a policía cun machete de cociña tras causar ruídos

Detido un veciño de Vigo por ameazar a policía cun machete de cociña tras causar ruídos

A policía local acudiu ao seu domicilio tras as queixas dos veciños, que alertaron de música alta e ruídos na súa casa

 

O machete de cociña que empregou o veciño de Vigo O machete de cociña que empregou o veciño de Vigo
G24.gal 27/02/2025 19:27 Última actualización 27/02/2025 23:36

Axentes da Policía Local de Vigo tiveron que facer uso de gas pementa para deter un veciño de Vigo que os recibiu cun machete na man cando chamaron a súa porta para que baixase a música. Os feitos producíronse na madrugada, nun inmoble situado na rúa Escultor Gregorio Fernández.

A Policía desprazouse ata alí atendendo as queixas dos veciños, molestos co outro veciño que a esas horas tiña a música alta na súa vivenda, da que saían ademais fortes ruídos que impedían o descanso.

Os axentes chamaron en repetidas ocasións ao timbre sen obter resposta, de modo que comezaron a golpear a porta mentres se identificaban a berros como policía.

No momento en que o veciño abriu a porta, levaba un machete de cociña na man; ameazou con el os axentes e a seguir volveu pechar a porta.

A dotación solicitou o apoio doutras unidades que se desprazaron ao lugar provistas de escudos e chamaron de novo á porta.

O home abriu portando novamente o machete; nese momento, protexidos polos escudos, os axentes asperxéronlle o rostro con gas pementa para proceder a reducilo e detelo como presunto autor dun delito de atentado e ameazas graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade