Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatadas unha nai e a súa filla tras perderse facendo de sendeirismo en Nogueira de Ramuín

Rescatadas unha nai e a súa filla tras perderse facendo de sendeirismo en Nogueira de Ramuín

Saíron ilesas logo de permanecer perdidas máis de dúas horas nunha zona de monte

G24.gal 03/03/2025 19:36

Unha nai e a súa filla foron rescatadas á primeira hora da tarde deste luns tras perderse cando realizaban unha ruta de sendeirismo no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Os feitos ocorreron sobre as 15,15 horas, cando as senderistas contactaron con Emerxencias desde unha zona de monte de Luíntra, comunicando que se habían. Segundo trasladaron, non se atopaban feridas, pero levaban unhas dúas horas perdidas.

Ao atoparse nunha zona de difícil acceso para vehículos, mantívose o contacto permanente con elas desde o 112, de maneira que fosen sinalando diversos elementos da súa contorna, para achegar datos que permitisen a súa localización con maior precisión.

No operativo de rescate participaron membros da Garda Civil e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

Precisamente, foron voluntarios de Protección Civil os que conseguiron localizalas pouco despois das 17,20 horas e trasladáronas ilesas ao seu lugar de partida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade