Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta vermella na Comunidade Valenciana por chuvias; nalgunhas zonas superaron os 200 l/m2

Alerta vermella na Comunidade Valenciana por chuvias; nalgunhas zonas superaron os 200 l/m2

Decretan a emerxencia por inundacións en Castelló, Valencia e litoral norte de Alacante

A Junta de Andalucía envía unha mensaxe de alerta á poboación da comarca de Ronda, pero dsactivou xa o aviso laranxa en Málaga

Atopan o cadáver do gandeiro arrastrado pola choiva en Lorca

Danos provocados pola chuvia na Serranía de Ronda (Málaga) Danos provocados pola chuvia na Serranía de Ronda (Málaga)
G24.gal 03/03/2025 17:46

O Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat estableceu a Emerxencia situación 0 por inundacións en toda a provincia de Castelló, o litoral norte de Alacante e en toda a provincia de Valencia ante o episodio actual de fortes choivas.

Esta declaración recomenda o peche da circulación en barrancos, ramblas e arredores, a suspensión de actividades ao aire libre e a suspensión de actividades escolares e educativas, segundo o Goberno valenciano.

Estas recomendacións manteranse ata a finalización da situación de emerxencia declarada, engade o comunicado oficial feito público polo Consell nas súas redes sociais.

O president da Generalitat, Carlos Mazón, desprazouse ao Centro de Coordinación de Emerxencias de Castelló para facer seguimento do episodio de choivas intensas que está a afectar o interior da provincia.

A Generalitat Valenciana enviou este luns pola tarde unha mensaxe É-Alert ás poboacións afectadas pola alerta nivel vermello por choivas no interior sur da provincia de Castelló advertindo do risco de inundación por fortes choivas acumuladas.

A mensaxe, da que se informou en redes sociais ás 16:32 horas, pide evitar desprazamentos, non cruzar zonas inundables e respectar os cortes de tráfico, así como non realizar actividades en leitos e as súas proximidades, segundo a alerta de Protección Civil remitida pola Generalitat a través do Centro de Coordinación de Emerxencias.

As choivas que está a rexistrar a provincia de Castelló provocaron a caída do falso teito do polideportivo de L'Alcora, segundo informou o Consorcio Provincial de Bombeiros de Castelló.

Así mesmo, bombeiros do parque Maestrat-Alcalatén mobilizáronse ao incendio dun transformador eléctrico en Adzeneta pola posible caída dun raio.

Os bombeiros tamén continúan revisando os leitos de barrancos e ríos, sobre todo no interior sur de Castelló, e insisten na necesidade de que se evite cruzar os mesmos ante a previsión de que aumente o seu nivel.

As estacións de Avamet con rexistros máis altos de precipitacións indican que en Atzeneta do Maestrat (Pla de Meanes) alcanzan os 213.8 litros; na Serra d'En Galcerán (els Ivarsos), 202.4; en Suera, 201.2; en l'Alcudia de Vexo (Benitandús) 200 e l'Alcudia de Vexo (Vexo) 190,2.

O teléfono de Emerxencias 112 recibiu 1.267 chamadas relacionadas co episodio meteorolóxico, que se traduciu en 803 incidentes, entre as 00:00 horas do sábado 1 de marzo e as 17:20 horas deste luns.

A intensidade das choivas obrigaron a suspender as clases en varios municipios como Domeño, Cullera ou Torrent, mentres que Xàtiva e Cullera (Valencia) anunciaron o peche dos centros educativos para mañá martes e o Concello de València tamén anunciou a suspensión das clases nas pedanías do sur.

Na provincia de Castelló, Segorbe e Tírig suspenderon as clases, para esta tarde estaban suspendidas no CRA (colexio rural agrupado) Palancia Espadán (Castellnovo, Vall de Almonacid, Navallas e Almedíjar), e Alcora fixo o mesmo para mañá martes

Provincia de Málaga

En Andalucía, o Goberno autonómico enviou unha mensaxe de alerta (EsAlert) á poboación da comarca de Ronda (Málaga) ante o aviso vermello da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) por choivas. As precipitacións superaron os cen litros, e finalmente ese aviso foi xa desactivado..

O presidente Juanma Moreno, informara desta medida e pediu prudencia aos cidadáns na rede social X, onde sinalou que se debe actuar "con moita precaución" para evitar riscos e desprazamentos innecesarios: "Responsabilidade e cabeza", solicitou.

 

O Goberno andaluz elevou o plan de risco de inundacións a fase de emerxencia pola evolución das previsións tras o aviso vermello por fortes choivas na Serra de Ronda, ademais do aviso laranxa noutras comarcas de Málaga, incluída a capital, e Cádiz.

Esta fase implica danos polos que se poñen en práctica medidas necesarias para o socorro e protección de persoas e bens, que poden controlarse mediante o emprego dos medios e recursos ordinarios dispoñibles ou apoios puntuais de Protección Civil.

A mensaxe remitiuse a unhas 57.500 persoas dos 26 municipios malagueños afectados polo aviso vermello, en español e inglés, e recomendouse extremar a prudencia, evitar os desprazamentos e as plantas baixas.

O Concello malagueño de Álora informou este luns do corte da subministración de auga debida ao volume de choiva rexistrado na zona dos pantanos.

En concreto, segundo informaron desde o Consistorio, o elevado volume de choiva rexistrado na zona dos pantanos provocou o arrastre de lama cara ás captacións do municipio, polo que, polo momento, "fai imposible poñer en marcha as bombas para evitar que o barro chegue ás vivendas".

Inundacións en Álora (Málaga) Inundacións en Álora (Málaga)

Problemas nas Canarias

O temporal azouta tamén con forza as Canarias, con avisos en todas as illas. Bombeiros de Tenerife mobilizouse este luns para intervir en catro vivendas no municipio da Lagoa, e no aparcadoiro subterráneo dun supermercado en Güímar, asolagadas polas fortes choivas que afectan o arquipélago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade