Río Verbena Fest 2025: Coque Malla, Álvaro de Luna, Nil Moliner y Andrés Suárez
Os abonos sairán á venda este mércores 5 de marzo, a partir de 49 euros
Quedan máis artistas por confirmar

Coque Malla, en plena xira de celebración dos seus corenta anos sobre o escenario, Álvaro de Luna, Nil Moliner ou Andrés Suárez, que ofrecerá en Pontevedra o seu único concerto do ano en Galicia, actuarán no festival Río Verbena Fest 2025.
Así o anunciou este luns a organización do festival, que celebrará a súa cuarta edición, os días 22 e 23 de agosto, na chaira exterior do Recinto Feiral de Pontevedra.
A estas catro primeiras confirmacións súmanse tamén Carlos Sadness ou bandas como Pignoise e Efecto Corredor.
YSY A, un dos primeiros expoñentes do trap e rap arxentino, será outro dos grandes atractivos desta edición, na que tamén se apostará polos talentos emerxentes.
Actuarán no Río Verbena Fest Malmö 040, unha banda de pop alternativo cun son ecléctico e melodías modernas, xunto coa viguesa Carla Lourdes e o coruñés Taïn.
O Río Verbena Fest, que o pasado ano reuniu a máis de 19.000 asistentes, anunciará máis concertos para esta cuarta edición nas próximas semanas.
Os abonos sairán á venda este mércores 5 de marzo, a partir de 49 euros.