Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rúa San Xoán da Coruña despide o verán a ritmo de Entroido

A rúa San Xoán da Coruña despide o verán a ritmo de Entroido

Os hostaleiros organizan esta festa de disfraces para recibir o outono co mellor sorriso

G24.gal 14/09/2024 20:48 Última actualización 14/09/2024 21:31

Desde hai uns anos a rúa San Xoán da Coruña despide o verán cunha festa de disfraces moi animada, un adianto do Entroido que congrega centos de persoas dispostas a cambiar de estación cun sorriso e a mellor actitude.

"Non é por hoxe. Son moitos días que estás aburrida, vés doutras zonas e aquí sempre atopas un ambiente diferente".

"Aquí sempre hai festa: o Entroido pequeno, o Entroido mediano, o Entroido grande... Sempre hai festa", comentan dúas mulleres que se achegaron a esta rúa do barrio de Monte Alto.

Esqueceron mencionar o Entroido de verán, a festa de disfraces coa que desde hai case unha década se celebra aquí o cambio de estación.

"Facer unha festa un pouco para acabar ben o verán, para que non quedase tan desaborido. E para recibir o inverno moitísimo mellor, non si?", xustifican desde un dos locais organizadores.

Un Entroido alleo ao calendario que recibe cos brazos abertos a propios e estraños e que inaugura un outono que se prevé abondo animado na rúa máis festeira da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar