A veciñanza de Parada de Sil celebra a Festa da Pisa da Castaña
A veciñanza de Parada de Sil celebra a Festa da Pisa da Castaña
Na localidade de Purdeus, na parroquia de Chandrexa, recrean como era o labor para secar e conservar as castañas no inverno
É unha tradición centenaria que non queren perder nas zonas do interior galego dedicadas ao cultivo da castaña
O outono é tamén o tempo de aos soutos. No concello ourensán de Parada de Sil celebraron a décimo primeira edición da Festa da Pisa da Castaña.
A veciñanza do concello de Parada de Sil xúntase na pequena localidade de Purdeus para recrear un dos labores centenarios de seca e conservación da castañas durante o inverno.
Botan a mirada ao pasado para recuperar e manter unha tradición que co tempo foi indo a menos. Desde hai 11 anos, o penúltimo sábado de novembro celebran esta festa.
As castañas secas e xa sen casca, despois da pisa e da criba, conservábanse todo o inverno para o autoconsumo: as boas para as persoas, e as de peor calibre e calidade para os animais.