Por primeira vez grávanse imaxes dunha lura 'colosal' viva
Foi un buque oceanográfico construído en Vigo o que fixo o achado
Nunca se gravara un exemplar vivo de lura colosal, un cefalópodo xigante que pode chegar a pesar media tonelada e a medir sete metros de longo. É o invertebrado máis pesado do planeta.
Hai un cento de anos catalogouse a especie a partir duns anacos que apareceron no estómago dun cachalote. E dende entón, foron atopándose máis anacos nos estómagos de baleas ou aves mariñas.

Pero nunca ata agora víramos un exemplar vivo. Foi un buque oceanográfico construído nos estaleiros Paulino Freire de Vigo, o que deu a boa nova.
O buque Falkor Too, gravou imaxes dun exemplar moi novo nunha expedición científica peto das Illas Sandwich do Sur.
A fortuna sorriulle a un equipo internacional de científicos do Schmidt Ocean Institute, a Nippon Foundation e Nekton - Ocean Census e GoSouth, nun proxecto da universidade de Playmouth, o centro de investigación alemán GEOMAR Helmholtz e o British Antarctic Survey.
O avistado é un exemplar xuvenil, transparente. Cos anos, van perdendo esta transparencia, pero pouco máis coñecemos do seu ciclo de Vida.
Cando o gravaron estaba a 600 metros baixo o nivel do mar, alleo a toda a expectación mundial que causou a súa presenza.
