Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo punto móbil de reciclaxe en Oia para atender o rural

Novo punto móbil de reciclaxe en Oia para atender o rural

Un vehículo eléctrico percorrerá as parroquias para facilitar a recollida no rural

G24.gal 03/03/2025 14:34 Última actualización 03/03/2025 21:22

Un vehículo eléctrico cun punto móbil de reciclaxe incorporado que percorrerá todas as parroquias de Oia para facilitar a recollida de entullos aos veciños do rural.

Dende a Xunta, o delegado territorial en Pontevedra Agustín Reguera sinala que "é para facilitar ao rural que fagan esa separación de residuos que non deben ir aos colectores grises".

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa anuncia que o punto móbil se instalará "quince días en cada parroquia, tamén no núcleo de Torroña, en Lourez a, Burgueira, e logo nas parroquias da costa. Quince días para que todos os veciños poidan reciclar os refugallos pequenos".

Os veciños xa están concienciados da importancia da reciclaxe e dan a benvida á iniciativa. Puntos limpos coma este permiten xestionar residuos reciclables e separalos dos reutilizables e dos perigosos, como disolventes, aceites ou pilas. Este é un paso máis cara á transición a un modelo de economía circular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade