Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o incendio declarado nunha planta de reciclaxe en Lousame

Controlado o incendio declarado nunha planta de reciclaxe en Lousame

As lapas queimaron chatarra almacenada ao aire libre dentro das instalacións

FOTO: Bombeiros de Boiro FOTO: Bombeiros de Boiro
G24.gal 19/01/2025 19:45

Bombeiros de Boiro e de Ribeira, xunto ao GES de Noia, lograron controlar o incendio declarado ás 17:50 horas deste domingo nunha planta de reciclaxe de Servia, no concello de Lousame.

Segundo informa o 112, varios particulares avisaron que saía fume e cheiraba a queimado na zona exterior das instalacións, situadas na parroquia de Lesende. As lapas queimaron chatarra almacenada ao aire libre.

Até o punto tamén se desprazaron a Garda Civil, voluntariado de Protección Civil de Lousame,  profesionais de Urxencias Sanitarias e autoridades ambientais da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade