Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 89 anos no incendio da súa vivenda no Porriño

Morre unha muller de 89 anos no incendio da súa vivenda no Porriño

Os bombeiros puideron rescatar con vida o seu home, que foi trasladado ao hospital

Os policías locais e un veciño, os primeiros en chegar, tentaron entrar na casa, pero había demasiado fume

G24.gal 24/01/2025 07:58 Última actualización 24/01/2025 09:32

Unha muller de 89 anos faleceu esta madrugada tras declararse un incendio na súa vivenda no Porriño. Ocorreu ás 02:30 horas deste venres no lugar de Malladoura. O lume iniciouse nun sofá do salón da vivenda e afectou outros elementos que había na estancia, o que provocou unha intensa fumareda.

O marido da vítima estaba no baño e os bombeiros puideron rescatalo con vida e foi trasladado ao hospital  con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Os equipos de extinción, e tamén os axentes da Policía Local, atopáronse cun inmoble completamente cheo de fume con serias dificultades para a habitabilidade. De momento, é complexo determinar cal foi a orixe do lume, pero o que si está claro é que arderon un sofá e unha butaca eléctrica.

Para a súa extinción, mobilizáronse os Bombeiros do Porriño, que contaron co apoio dos axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil. Ademais, deberon intervir os axentes da Garda Civil, especialmente para a recollida de información sobre o suceso, que permita dilucidar as circunstancias do falecemento dunha das ocupantes da vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos