Borja Iglesias quere seguir no Celta: "Estou moi feliz e imaxínome aquí"
Borja Iglesias quere seguir no Celta: "Estou moi feliz e imaxínome aquí"
Lembrou que a relación co Betis finaliza en xuño de 2026
Borja Iglesias é consciente da importancia dos partidos co Alavés e co Valencia da próxima semana. O Celta actúa como visitante. E o equipo ten unha débeda co rendemento.
Lembrou que a relación co Betis finaliza en xuño de 2026 e que non ten nada asinado coa entidade bética para máis tempo. Borja Iglesias falou esta mañá coa Televisión de Galicia e mostrou a vontade de seguir no Celta.
"A verdade é que estou moi feliz. É algo no que intento non centrarme moito (contrato)".
"Intento gozar do momento e seguir achegando. Imaxínome aquí, oxalá".
Borja Iglesias falou esta mañá coa Televisión de Galicia e mostrou a vontade de seguir no Celta.
Sobre os obxectivos para esta tempada, o santiagués é ambicioso
"Mellorar a primeira volta. A sensación é que escapou a posibilidade de meterse arriba".
"Hai que ser moi constante co resultado. Temos capacidade de medrar".
O dianteiro celeste suma cinco goles esta temporada.