Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Mingueza, sancionado con dous partidos por "desconsideración" co colexiado

Óscar Mingueza, sancionado con dous partidos por "desconsideración" co colexiado

O colexiado do encontro sinalou na acta que o futbolista do Celta foi expulsado por dicirlle “houbo catro faltas e a min non me pitas nin unha, ti es un chulo”

G24.gal 22/01/2025 11:25 Última actualización 22/01/2025 11:30

O futbolista do Celta, Óscar Mingueza, foi sancionado con dous partidos polo Comité de Disciplina da RFEF, pola expulsión que sufriu á conclusión do partido contra o Athletic Club, e perderase os encontros ligueiros ante o Deportivo Alavés e o Valencia.

Unha sanción que, segundo a acta do devandito Comité, vén motivada por “actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros, directivos ou autoridades deportivas”.

O colexiado do encontro, o madrileño Ortiz Arias, sinalou na acta do encontro que o futbolista do Celta foi expulsado por dicirlle “houbo catro faltas e a min non me pitas nin unha, ti es un chulo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar